Solución de problemas |
Valorarase a realización das diferentes actividades propostas, nomeadamente de carácter individual, a participación e a reflexión crítica. |
10 |
Presentación oral |
As presentacións orais terán como puntos fortes a fluidez discursiva, o emprego dunha lingua de calidade e a clareza e estratexias expostivas. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Nas actividades agrupadas nas recensións bibliográficas terase en conta a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expostiva, o uso dunha lingua de calidade e a capacidade crítica do alumno ou da alumna. |
20 |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
O alumnado terá que entregar os traballos
ou actividades no prazo fixado; non se recollerán máis tarde sen causa
xustificada. Alén disto, estes deberán cumprir unha impecábel calidade lingüística e de
corrección (acentuación, ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, boa expresión…).
Se non superar a materia, na oportunidade de xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de suspender as actividades de carácter presencial realizadas durante o curso ("Obradoiros" e "Solución de problemas", "Lecturas), estas serán substituídas por un exame que se realizará no día oficial fixado polo Decanato da Facultade de Filoloxía, que valerá o 35% (tal e como corresponde á suma das ditas metodoloxías).
|