Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Identificación e Tipificación Lingüística Textos Románicos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases: darase o 100% da nota aos alumnos cun número de faltas inferior ao 5% e o 50% a aqueles que falten entre o 5 e o 10%. 5
Traballos tutelados Realización autónoma, aínda que tutelada, dun traballo orixinal por parte do alumnado, semellante ao feito na clase. 30
Recensión bilbiográfica Avaliarase a capacidade de análise e síntese, así como a capacidade crítica, a corrección na expresión escrita e a capacidade para interrelacionar coñecementos. 10
Proba mixta Avaliación do grao de asimilación dos contidos previamente explicados nas sesións maxistrais e aplicados nos obradoiros, así como da capacidade de aplicación a situacións novas de carácter diverso. 35
Obradoiro Terase en conta a participación activa do alumno, con achega de ideas e análise crítica, de xeito que reflicta a asimilación do previamente explicado na clase e a capacidade para poñelo en práctica. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, será necesario obter un mínimo de 6 puntos nas actividades propostas, das que haberá que realizar polo menos 2, e acadar como mínimo 4 puntos na proba mixta. Non se fará media se nalgunha das actividades se obtén menos de 3 puntos.


O alumno será obxecto de avaliación se presenta 2 actividades, aínda que non realice a proba escrita.


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes