Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Neste apartado, teranse en conta dúas cousas:

-algúns exercicios de escritura feitos e comentados na clase
-as preguntas e comentarios do estudantado durante a presentación oral individual do resto de compañerios/as--ver abaixo
10
Resumo Teredes que facer un resumo/"abstract" para o traballo descrito enriba. Antes diso, teredes que darme as vosas preferencias para que poda facer unha convocatoria de traballos ("call for papers") suficientemente interdisciplinar 10
Traballos tutelados Cada estudante escribirá un ensaio curto, do tipo dos relatorios dos congresos. O tema e a metodoloxía do ensaio son de vosa elección. A estrutura deberá ser a seguinte:

-introdución
-formulación da tese ("thesis statement")
-corpo
-conclusións
-lista de fontes citadas

O resto das directrices serán explicadas na clase
35
Seminario Faremos unha posta en común das lecturas. As vosas intervencións deberán probar a realización das mesmas. Por o tanto, espero que viñades a aula con preguntas, dúbidas e comentarios preparados de antemán 25
Presentación oral Faremos un simulacro de congreso, onde cada estudante terá que presentar o seu traballo tutelado 20
 
Observacións avaliación

-Os
traballos que amosen indicios de plaxio serán calificados cun "0"



-Sempre que
sexan de interese para o curso, estou disposta a incluir cuestións e materiais
suxeridos por os/as alumnos/as

-As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do curso

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes