Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e espectáculo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 20% da cualificación final. 25
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 45% da cualificación final. Terase en conta a ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes (10%), que será recíproca, isto é escoitará o que se lle di da súa elección e el/ela mesmo/a ponderará ás dos compañeiros/as; a presentación dentro dos prazos (5%), e a calidade do mesmo (30%).
45
Presentación oral Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo tutelado (5%) como a participación retroalimentadora nos outros traballos (5%). 10
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
Tamén será posíbel realizar de informes madurecidos de lectura.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do traballo tutelado.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso a través das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes