Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e arte
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas O alumno, como parte do seu traballo autónomo, haberá de ler algúns textos facilitados pola profesora, tanto para o seu traballo tutelado como para algunhas das actividades propostas. Neste caso, a lectura terá que estar realizada con anterioridade á actividade. Dunha das lecturas propostas, o alumno haberá de realizar unha recensión bibliográfica que entregará á profesora na data indicada. Neste traballo cualificaranse os seguintes aspectos:
- claridade expositiva
- calidade lingüística
- capacidade crítica
- capacidade de síntese
20
Presentación oral O alumno haberá de presentar en público o traballo tutelado realizado e ser capaz de responder a cantas preguntas fáganselle respecto de obxectivos, estrutura, metodoloxía e fontes. Para a súa cualificación teranse en conta os seguintes aspesctos:
- claridade e fluidez expositiva
- emprego de recursos de apoio
20
Traballos tutelados O alumno haberá de mostrar que foi capaz de asimilar correctamente os contidos da materia e plasmalos no traballo persoal. Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. 50
Sesión maxistral Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno nas aulas 10
 
Observacións avaliación

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades  avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes