Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e medios de comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña–, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora.
Traballos tutelados O alumnado realizará dous traballos tulelados.
O primeiro, individual, consistirá na elaboración dunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada relacionada con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesión do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet. Este exporase oralmente en sesión presencial. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicacións dos exemplos escollidos , como as datas das sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos grupais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos outros grupos.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración dos traballos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Sesión maxistral O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes