Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura. cultura e diversidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Descrición dos obxectivos e contidos da materia, a súa metodoloxía e a súa avaliación. Brainstorming sobre os temas da materia. Pescuda e volcado de información.
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos fílmico-literarios, de fontes secundarias relevantes e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar, por medio de preguntas ou temas de debate, no análise e interpretación de textos, fenomenos culturais e outros conceptos relevantes.
Traballos tutelados Cada estudante realizará un traballo escrito de extensión breve (2500-3000 words), en torno a un tema ou aspecto a elixir (interpretación dun texto literario ou fílmico, ou estudo comparativo), traballo que resumirá para a súa exposición oral.
Presentación oral Esta exposición oral complementa os traballos tutelados.
Lecturas Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…). En clase
so se levará a cabo a lectura de textos cando estes sexan breves; en cambio, o visionado das dos películas si terá lugar nas sesións presenciais.
Análise de fontes documentais Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias (textos e filmes) como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos (películas, novelas, memorias) a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes arredor do tema central da materia (multiculturalismo e postmulticulturalismo, etnicidade e transetnicidade, os fenómenos diaspóricos e transnacionais), e finalmente se proporcionarán pautas de análise textual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes