Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Culturas e literaturas das diásporas africana e asiática
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A discusión dirixida levarase a cabo en sesións de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. 40
Traballos tutelados Valoraranse os coñecementos adquiridos, a orixinalidade dos enfoques e das aportacións, e a corrección da expresión escrita. 40
Presentación oral Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos Cada estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das conferencias e outros eventos científicos ou divulgativos programados para a materia, por medio dun comentario-recensión (escrito/oral). 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia levarase a cabo de forma continua. Nela terase en conta:

(1) os coñecementos adquiridos e a súa aplicación práctica

(2) as competencias amosadas nas actividades avaliables encomendadas, especialmente a competencia lingüistica e argumentativa

(3) o traballo continuado que desenvolva o/a estudante, a asistencia e participación nas sesións presenciais e a súa contribución activa.

O peso das probas escritas non será superior ao 50% da calificación final.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes