Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Será avaliada a exposición realizada polo aluno consoanta a criterios de articulación e coerencia expositiva e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Recensión bilbiográfica Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade espositiva do discurso. 40
Discusión dirixida Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propia coa dos compañeiros e compañeiras da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 10
Obradoiro Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar e debater en grupo e a receptividade para coas argumentacións dos demáis.
10
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia é obrigatorio: - Superar a proba obxectiva - Ter entregado en tempo e forma todas as actividades (recesions e comentarios) encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións do conxunto das metodoloxías ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando un suspenso na materia. 


2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva ou, non asistindo a ela, entregaren a totalidade das actividades encargadas (recensións e resumo). Onde non, serán considerados como non presentados.


3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes