Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
![]() |
![]() |
![]() |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Medieval Galego-Portuguesa | Código | 613G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Lecturas | Avaliación das obras indicadas que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso | 10 |
Presentación oral | Avaliación da presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados. | 10 |
Traballos tutelados | Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. | 15 |
Proba mixta | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. | 40 |
Obradoiro | Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. | 20 |
Recensión bilbiográfica | Avaliación da(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas | 5 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50% |
|