Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Galega Contemporánea 1 |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 1 | Código | 613G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Seminario | Coa finalidade do estudo intensivo dun tema a profesora guiará, cando menos, un seminario en que participarán todos os membros do grupo. Poderá ser solicitada a entrega por escrito das conclusións do seminario. En todo caso, valoraranse o seguimento e as intervencións realizadas na aula. |
15 |
Traballos tutelados | O/a estudante realizará un traballo de curso orientado pola profesora. Na súa avaliación terase en conta tanto o resultado que se presentará por escrito como, de ser o caso, a exposición oral que se realizará na aula. | 30 |
Sesión maxistral | Os temas expostos nas aulas das sesións maxistrais poderán ser obxecto dunha proba escrita. En todo caso, valorarase o acompañamento e a participación do alumnado nestas sesións. |
10 |
Lecturas | Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información. Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo. |
20 |
Análise de fontes documentais | Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. | 15 |
Discusión dirixida | Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Os e as estudantes deberán preparalo previamente, de acordo coas indicacións que recibirán. Valoraranse as intervencións na aula. |
10 |
Observacións avaliación | ||
Incluíndo o traballo tutelado, a profesora solicitará a realización dun máximo de 4 actividades avaliábeis. Para seren computadas na avaliación, as actividades deberán presentarse no prazo indicado pola profesora. Caso de entregárense fóra de prazo, consideraránse a todos os efectos como se non se presentasen. Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis no prazo indicado pola profesora. Terá a cualificación de "non presentado" quen só entregue 1 actividade, sempre que non sexa o traballo tutelado. Cando se entreguen máis actividades ou o traballo tutelado, obterase a cualificación que corresponda segundo o número e a calidade das actividades entregadas. |
|