Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Coa finalidade do estudo intensivo dun tema a profesora guiará, cando menos, un seminario en que participarán todos os membros do grupo.
Poderá ser solicitada a entrega por escrito das conclusións do seminario. En todo caso, valoraranse o seguimento e as intervencións realizadas na aula.
15
Traballos tutelados O/a estudante realizará un traballo de curso orientado pola profesora. Na súa avaliación terase en conta tanto o resultado que se presentará por escrito como, de ser o caso, a exposición oral que se realizará na aula. 30
Sesión maxistral Os temas expostos nas aulas das sesións maxistrais poderán ser obxecto dunha proba escrita.
En todo caso, valorarase o acompañamento e a participación do alumnado nestas sesións.
10
Lecturas Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información.
Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo.
20
Análise de fontes documentais Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. 15
Discusión dirixida Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado.
Os e as estudantes deberán preparalo previamente, de acordo coas indicacións que recibirán.
Valoraranse as intervencións na aula.
10
 
Observacións avaliación

Incluíndo o traballo tutelado, a profesora solicitará a realización dun máximo de 4 actividades avaliábeis. Para seren computadas na avaliación, as actividades deberán presentarse no prazo indicado pola profesora. Caso de entregárense fóra de prazo, consideraránse a todos os efectos como se non se presentasen.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.
As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis no prazo indicado pola profesora.
Terá a cualificación de "non presentado" quen só entregue 1 actividade, sempre que non sexa o traballo tutelado. Cando se entreguen máis actividades ou o traballo tutelado, obterase a cualificación que corresponda segundo o número e a calidade das actividades entregadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes