Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Historia e Cultura de Galicia |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Historia e Cultura de Galicia | Código | 613G02029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Consiste nun traballo individual por conta do aluno relacionado con algún tema do programa, realizado a partir da consulta de bibliografía e/ou fontes documentais e orientado conforme a pautas dadas polo profesor. Poderá ser exposto na aula. |
Recensión bilbiográfica | Reseña dun libro ou artigo indicado polo profesor. |
Lecturas | Lectura a cargo do aluno de monografias e máis material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. Tais lecturas estarán relacionadas preferencialmente coa materia do temario. |
Análise de fontes documentais | consulta por parte do aluno de fontes históricas de base documental coa finalidade de o iniciar no manejo das mesmas. |
Proba obxectiva | Consiste nunha proba escrita sobre os contidos estudados no curso. |
Aprendizaxe colaborativa | Debate en grupo sobre cuestións colocadas polo profesor. Non precisa de leitura previa de materiais en horas non presenciais. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas. Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado. |
Sesión maxistral | Exposición por conta do profesor de cuestións basilares relacionadas co temario. |
Discusión dirixida | Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas. Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado. |
|