Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua e Variación no Espazo |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Variación no Espazo | Código | 613G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | A capacidade crítica, a claridade na exposición e o rigor na argumentación, ben como a calidade da lingua, serán aspectos a que se concederá unha especial atención. | 10 |
Proba de ensaio | Nesta proba, concederase especial atención á adecuación das respostas ás cuestións formuladas, a clareza expositiva e o uso dunha lingua de calidade. | 40 |
Análise de fontes documentais | A capacidade de analizar diversas fenomenoloxías lingüísticas en termos de variación (as causas, o contexto, as implicacións etc.) e o uso dun modelo de lingua digno consideraranse para a avaliación final | 10 |
Traballos tutelados | Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. | 40 |
Observacións avaliación | ||
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba de ensaio deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. |
|