Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiás ou de carácter xeral, participar espontaneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade, sendo capaz de recoñecer unha ampla gama de expresións idiomáticas e de coloquialismos, así como cambios de estilo. A6
B4
C2
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
B4
C2
Comprender case todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuais ou películas, sempre que se fale un nivel de lingua estándar pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
B3
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. A6
A15
B5
B7
B8
C2
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A9
A15
B1
B3
B5
B6
C3
Ser capaz de escribir unha variedade de textos claros, fluídos e ben estruturados, amosando un uso controlado de estruturas organizativas, conectores e outros mecanismos de cohesión. Ser capaz de matizar opinións e afirmacións con precisión, por exemplo, con relación a graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade, sendo a estrutura, a distribución en parágrafos e a puntuación consistentes e útiles. A6
A9
A15
B1
B3
B4
B6
C2
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. A6
B3
C2
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes