Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Linguaxe. Discurso e Comunicación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Linguaxe. Discurso e Comunicación | Código | 613G03034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. | 5 |
Lecturas | Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas, e, nomeadamente, na elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. | 15 |
Proba mixta | Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. | 45 |
Traballos tutelados | Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. | 30 |
Sesión maxistral | Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. | 5 |
Observacións avaliación | ||
1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel. 2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia. 3) Haberá duas provas mixtas. 4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 5 na proba final. 6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades. O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas. 8) Dado o carácter mixto e comprensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades. En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s). |
|