Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 20% da nota final 20
Presentación oral Cada alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba obxectiva O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 30
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final. Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
30
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a realización satisfactoria da proba final nin a presentación, dentro dos prazos, dos traballos tutelados.


O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá realizar as presentacións orais e participar nas discusións dirixidas através de ferramentas de comunicación asíncrona.


En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, incluída a proba de ensaio. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes