Esta asignatura ten por obxecto presentar ao estudantado o Deseño Software, fase chave dentro do ciclo de vida do Software que establece o enlace entre os requerimentos dun sistema e a súa posterior implementación.
Durante o curso será identificado o rol do deseño dentro do ciclo de vida, presentaranse conceptos, técnicas e ferramentas propias do deseño, e aprenderase a interpretar as situacións nas que se resolven problemas típicos de deseño aplicando linguaxes de modelado e patróns de deseño. Para acadar un deseño útil, cada estudante aprenderá a empregar o deseño para entender o funcionamento dun sistema e como guía para a implementación do mesmo.
Malia que se presentará de forma xeral o proceso de deseño software, farase fincapé no deseño orientado a obxectos, describindo os artefactos de modelado usando UML, e a súa implementación empregando unha linguaxe orientada a obxectos, a linguaxe Java.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías