Prácticas de laboratorio |
Cada alumno de prácticas de laboratorio, e tras considerar que superou cada práctica, deberá pasar unha pequena proba oral. Nela o profesor expón un par de pequenas probas que os alumnos deberán resolver sobre as máquinas virtuais do laboratorio de prácticas, defendendo os seus desenvolvementos de forma oral. |
20 |
Sesión maxistral |
Para loitar contra a posible pasividade do alumno, en certos momentos das sesións maxistrais exponse pequenas cuestións, que fagan reflexionar ao alumno. Este intercambio co alumno, como parte da lección maxistral, permítenos controlar o grao de asimilación dos coñecementos por parte do mesmo. Para potenciar a participación do alumno estás cuestións teñen asignado unha pequena puntuación, segundo o grao de dificultade (puntuación complementaria fóra de guía). |
0 |
Proba de resposta múltiple |
Esta proba inclúe os contidos e, en xeral, todo aspecto relacionado cos obxectivos da materia. Nela exponse diversas cuestións relacionadas tanto cos contidos das sesións maxistrais como das prácticas de laboratorio, dándolle un maior peso ás primeiras. |
70 |