Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Enxeñaría de Requisitos |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Enxeñaría de Requisitos | Código | 614G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Seminario | Os seminarios ou TGRs consistirán en pequenos exercicios nos que se pon en práctica, de forma sinxela, os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e que logo han de ampliar nas prácticas de laboratorio. Os exercicios considéranse optativos e son unha forma de fomentar o traballo continuo dos alumnos ao longo do curso Presentar un 75% dos exercicios dos seminarios (4 de 5) implica que o alumno se presentou á materia, aínda que logo non se presente á proba obxectiva. |
10 |
Proba obxectiva | A proba obxectiva consistirá en preguntas curtas, preferentemente en tipo test, sobre os contidos teóricos da materia A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia |
45 |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse varias entregas de practicas ao longo do curso. O desenvolvemento é incremental e cada entrega estará baseada na anterior, polo que non é posible entregar unha práctica se non se entregou a anterior. A realización das prácticas é obrigatoria para aprobar a materia (aínda que algunha entrega individual poida indicarse como optativa). Tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia Presentar un 75% das prácticas (3 de 4) implica que o alumno se presentou á materia, aínda que logo non se presente á proba obxectiva. |
45 |
Observacións avaliación | ||
Aspectos a ter en conta na avaliación de segunda oportunidade:
Na segunda oportunidade as porcentaxes son iguais e tamén rexen as normas dun mínimo dun 3,5 en prácticas e proba obxectiva. Considerarase que un alumno se presenta á segunda oportunidade se volve entregar as prácticas ou se presenta á proba obxectiva. |
|