Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Historia do Patrimonio Rehabilitado
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para a intervención no Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado, en edificios con valor histórico, coordinar estudos históricos sobre eles, elaborar os seus planes directores de conservación e redactar e executar proxectos de restauración e rehabilitación.
A2 Protección do Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar planes de delimitación e conservación deles.
A5 Crítica arquitectónica: aptitude ou capacidade para analizar o patrimonio edificado e para explicar os precedentes formais.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Comunicación oral e escrita.
B6 Capacidade de xestión da información.
B18 Creatividade.
B22 Motivación pola calidade.
B25 Habilidade gráfica xeral.
B26 Imaxinación.
B27 Visión espacial.
B30 Sensibilidade estética.
B32 Cultura histórica.
B35 Toma de decisións.
B36 Razoamento crítico.
C2 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes