Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Estatística I
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Durante os diferentes obradoiros desenvolveranse probas e exercicios prácticos de dous tipos.
Exercicios tipo I) Exercicios individuais que os alumnos realizarán a proposta do profesor.
Exercicios tipo II) Exercicios en grupo que se basearán en boletíns proporcionados polo profesor e outras actividades complementarias.
20
Proba mixta Realizaranse dúas probas mixtas. A primeira comprende os temas de Técnicas Estatísticas de Descripción de Datos; a segunda corresponderá ós temas de Teoría da Probabilidade.
70
Aprendizaxe colaborativa Desenvolvemento dun traballo en grupo. 10
 
Observacións avaliación

CUESTIÓNS DE RELEVANCIA


PROBAS MIXTAS. Estas dúas probas parciais considéranse fundamentais na avaliación, polo que será necesario obter un mínimo de 40 puntos (sobre 100) en cada unha delas como requisito para liberalas e superar a asignatura, así como para que computen as restantes actividades que se avalían. 


CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Un alumno que participe en actividades de avaliación con ponderación máxima igual ou superior ó 20% da cualificación final será cualificado coa nota obtida, e non como "non presentado".


GUÍA COMPLEMENTARIA. A comezos do cuatrimeste, os alumnos disporán de normas de curso complementarias e aclaratorias para cada grupo. Nelas proporcionarase información adicional que reflicta, entre outras cuestións, os formatos e contidos das probas de avaliación dos obradoiros, a elaboración do traballo de curso e a cronoloxía das actividades do curso.


 


 


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes