Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecementos básicos e específicos sobre as distintas disciplinas que ten que impartir no exercicio do seu labor profesional un mestre de Educación Primaria. |
A2 |
Coñecementos psicolóxicos, pedagóxicos, epistemolóxicos, didácticos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión. |
A3 |
Coñecer as características das organizacións educativas que atenden os nenos e nenas de 6-12 anos. |
A6 |
Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, procurar a motivación e o interese do alumnado de Educación Primaria pola aprendizaxe. |
A7 |
Planificar as materias no contexto social en que se van impartir tomando as decisións axeitadas canto á selección de obxectivos, á organización de contidos, ao deseño de actividades ou aos criterios de avaliación. |
A10 |
Capacidade para investigar sobre a propia práctica, introducindo propostas de innovación encamiñadas á mellora. |
A15 |
Coñecer a organización dos centros de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. |
A20 |
Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B11 |
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. |
B12 |
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |