Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento dunha ou varias cuestións interrelacionadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 50
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase: A profundidade do contido. O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. A presentación e a claridade da exposición. 25
Estudo de casos En relación cos estudos de caso valorarase: A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo. A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia. O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada. 25
 
Observacións avaliación

A materia esixe un mínimo de 80% de presencialidade. As actividades que, como mínimo, se esixirá ter aprobadas para a superación da materia serán tres:


- A realización da proba ensaio (individualmente).


- A realización dun traballo tutelado (grupalmente).


- A realizacón dun estudo de caso (grupalmente).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes