Proba mixta |
Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Sesión maxistral |
Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Por iso, as clases expositivas céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.
|
Resumo |
O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.
O alumnado empregará esta metodoloxía para recopilar a información adquirida tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Finalmente, recopilará toda esta información nunha Reflexión Final da materia que se entregará a final de curso.
|