Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Teoría da educación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da educación | Código | 652G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática, a análise de novas de prensa, así como o estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso... Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. |
30 |
Presentación oral | A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos. Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos... |
10 |
Proba de ensaio | Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
30 |
Portafolios do alumno | Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Infantil...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais... Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (20 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.). Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. |
30 |
Observacións avaliación | ||
1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non teña unha asistencia sistemática, establécense os seguintes criterios de avaliación:
4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%. |
|