Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Cada alumno/a de manerira individual realizará un estudo de casos que será avaliado a partir dos seguintes criterios:

-A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo.
-A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia.
-O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada.
-Trátase dun traballo fundamentalmente individual
15
Traballos tutelados Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios:
-A profundidade do contido.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
-Trátase dun traballo fundamentalmente grupal
35
Proba de ensaio A proba de ensaio, de carácter individual, consistirá no desenvolvemento de varias cuestións e/ou casos obxecto de análise, que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 50
 
Observacións avaliación

Según a participación do alumnado na materia a avaliación contempla dúas opcións:


Opción A. Ao alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (maior ou igual ao 85% das sesións presenciais), corresponderalle a modalidade de avaliación arriba exposta.

Opción B. O alumnado que non asiste/participa, por razóns debidamente acreditadas, as actividades de clase (menor ao 85% das sesións presenciais): ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, realizará a proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 80% do total da nota final.


-Os alumnos/as repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto coa profesora que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, realiarán a proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final (se veñen da modalidade A) e o 80% da nota final (se veñen da modalidade B). A porcentaxe restante da nota corresponderá aos traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno/a.



-Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.





 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes