Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Historia da educación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da educación | Código | 652G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | Baséase na utización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia |
10 |
Traballos tutelados | Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación histórica. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. | 40 |
Lecturas | Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxeque tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. | 10 |
Presentación oral | Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou exoperiencia abordada. | 10 |
Proba de ensaio | Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. | 20 |
Observacións avaliación | ||
A avaliación da materia será continua e formativa. -A asistencia ás sesións de clases interactivas é imprescindible e será obxecto de avaliación. -Calquer circunstancia persoal que poda alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. -Na proba de ensaio e nos traballos tutelados será imprescindible acadar unha nota de cinco sobre dez. De non ser así deberá repetirse. Os/As alumnas repetidoras poderán optar á asistencia ás clases ou de non asistir deberan unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade. |
|