Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación

No grupo A a avaliación contempla dúas
opcións:

 

Opción A.

Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de
clase (asistencia mínima do 80%):

a)    
Elaboración e
presentación dos traballos de pequeno grupo (40%).

b)    
Un exame escrito sobre
os contidos da materia (60%).

Opción B.

Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (asistencia inferior ao 80%):

a)    
Elaboración e
presentación individual dos traballos (40%).

b)    
Un exame escrito sobre
os contidos da materia (60%).

 

Observacións:

-        
Para superar a materia é necesario
obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

-        
O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao
exame é condición indispensable ter presentado o traballo.

 

Nota: No
grupo B, as metodoloxías de ensino e de avaliación poderán adaptarse en función do
que estime conveniente a profesora ou profesor que imparta a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes