Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Literatura infantil e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo en grupo e presentación oral do mesmo. A tarefa poderá consistir na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. 50
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación dos temas 1 e 2 realizarase mediante un traballo en grupo e a presentación oral do mesmo. O grupo estará constituído por un máximo de cinco persoas, e o prazo de entrega dos traballos rematará o día de exame estabelecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Á súa vez, a avaliación do tema 3 farase mediante unha proba escrita.

Tanto o traballo como a proba escrita cualificaranse sobre un máximo de 5 puntos e, para que se poida realizar a suma da nota final, cada cualificación terá que ser igual ou superior a 2 puntos. Se a nota final é igual ou superior a 5 puntos a materia estará aprobada e, no caso contrario, suspensa.

O alumnado que concorra á oportunidade de xullo estará obrigado a examinarse da parte ou partes suspensas, é dicir, aquelas nas que na oportunidade de xaneiro obtivera unha cualificación inferior a 2,50 puntos. De todas as maneiras, este alumnado poderá repetir a parte aprobada en xaneiro, caso no que a cualificación de xullo será a única válida para a suma da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes