Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio social e cultural e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consta de dúas partes:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos traballados nas sesións expositivas e nas interactivas na práctica de diferentes metodoloxías. Estas probas puntuarán ate 10.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 40.
50
Presentación oral Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. 10
Saídas de campo Puntuará a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás saídas ao medio. 20
Seminario Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. 20
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a participación activa nas sesións de
docencia interactiva, que serán de obrigada asistencia. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aquelas/es
alumna/os
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que
puntúan: 10 "presentación oral"; 20 "saídas ao medio"; 20 "seminario"), conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de
avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas
relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de
5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das tres probas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes