Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Atención temperá
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos de catro persoas. 10
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos que consiste na realización de actividades, a facer na aula e fóra dela, dos contidos da materia 0
Presentación oral 20
Portafolios do alumno É unha carpeta de cada grupo de traballo que conten as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativa, traballos tutelados e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación 70
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA.

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Atención Temperá” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:

a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades-prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Isto
suporá como máximo un 70% da cualificación.

b) a exposición oral sobre os contidos
teórico-prácticos da materia a determinar no grupo clase. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.

c) síntese-esquema ou mapa conceptual dos contidos de cada un dos temas presentados. (10% da cualificación)


Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta
proba será a fixada polo Centro.

OUTRAS CONVOCATORIAS:
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é
proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes