Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Matemáticas na vida
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a sua adecuación ós obxetivos previstos para cada traballo en concreto, así como a participación, interese, esforzo, actitude... 40
Proba mixta Contará a argumentación realizada en cada unha das probas realizadas. 30
Prácticas a través de TIC Valorarase o material empregado, as destrezas e orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interés dos contidos. 10
Portafolios do alumno Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. 20
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:


Opción A. Avaliación Continua. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase. Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades de investigación, proba de ensaio, prácticas nas tics, …. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais; en caso contrario deberase optar pola modalidade B).


Opción B. Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será fixada polo Centro.


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes