Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos | Código | 652G02007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar un informe/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Este traballos faranse en grupo. | 40 |
Traballos tutelados | Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación |
20 |
Proba mixta | GRUPO A. Esta proba de carácter individual de carácter mixto (é dicir, inclúe preguntas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos)lrealizarase ao finalizar cada un dos temas da materia, para verificar o grao de adquisición das competencias do saber e saber facer. GRUPO B. Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. |
40 |
Observacións avaliación | ||
GRUPO A: CONVOCATORIA. Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir a materia que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final; • Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades prácticas de cada tema realizadas de forma individual e en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir dun dossier ou carpeta de traballo (portafolio) que incluirá: a/ As actividades individuais e de grupo de cada un dos temas que suporán un máximo dun 20% da cualificación; b/ O proxecto de investigación a realizar en grupo que suporá un máximo do 40% da cualificación. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades propostas para cada tema e investigación; e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas. c/ As probas mixtas individuais sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da cualificación. • Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico e prácticos da materia (isto supón que individualmente terán que realizarse tódalas actividades propostas na materia xunto co proxecto de investigación, e conxuntamente cos contidos teóricos serán obxecto de preguntas na proba final). A data para esta proba será a fixada polo Centro. OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente. GRUPO B: Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais. Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (85%): Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (85%) NOTAS. 1. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco). 2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas. |
|