Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Educación inclusiva e multicultural |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Educación inclusiva e multicultural | Código | 652G02016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia. |
Análise de fontes documentais | Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia. |
Aprendizaxe colaborativa | Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral. |
Estudo de casos | Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Discusión dirixida | Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais. |
Foro virtual | Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral. |
Xogo de rol (role playing) | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes. |
Presentación oral | Exposición grupal dun guión do traballo de investigación, que terá lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e presentación oral do guión do mesmo. Prazo provisional: entrégase o día do exame final. |
Proba mixta | A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual. |
|