Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Xénero, igualdade e educación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Xénero, igualdade e educación | Código | 652G03007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc. As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo. |
15 |
Portafolios do alumno | Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. | 25 |
Proba mixta | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. | 60 |
Observacións avaliación | ||
Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (>80%): a) Elaboración dun portafol grupal no que se recolleránas prácticas propostas relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais(25%); e un proxecto coeducativo que será exposto na aula (15%).b) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%) OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (<80%): a) Proba mixta sobre os contidos da materia(80%) b) Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica e que será acordado coa profesora durante o mes de marzo para a convocatoria de xuño e no mes de abril para a de xullo (20%). En calquera das dúas opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. Asemade nas probas escritas é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións prantexadas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso. |
|