Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Orientación ocupacional |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación. |
Estudo de casos | As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero. Estas dúas actividades son grupais (catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. |
Presentación oral | Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso. |
Proba mixta | Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación. |
Simulación | Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Sesión maxistral | O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa. |
|