Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou ca actividade de simulación 35
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). 45
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia  é imprescindible  obter   a metade da cualificación outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación. Na convocatoría de xullo  só se  valora a proba mixta que incrementa o seu valor até 10.




Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter unha asistencia (por encima do 85%), poden acollerse  a unha modalidade de avaliación específica. Para poder optar por este sistema deben de contactar coa docente para concretar as actividades de avaliación  e o proceso de supervisión e seguimento das mesmas.  Para estes casos,  varíanse as caracteristicas e o peso na cualificación global das actividades de avaliación do alumnado asistente e engádese a elaboración de un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.   

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes