Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A proba contemplará catro preguntas a desenvolver.
40
Portafolios do alumno Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe, a capacidade de recoñecer as propias dificultades así como de propoñer estratexias para superalas; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a presentación. 10
Presentación oral A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
10
Simulación Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 40
 
Observacións avaliación

1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde ou laborais), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación:Ensaio reflexivo (20%); Proba de ensaio (40%); Estudo de caso (40%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle.

2.- O cómputo glogal da nota final require que a proba de ensaio e a simulación (ou estudo de caso) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.

3.- Todos os traballos presentaranse en formato impreso (a dúas caras) e dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes