Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno -Integración dos contidos abordados na aula
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda.
40
Investigación (Proxecto de investigación) Realización duha investigación sobre experiencias innovadoras para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e daquelas que fomenten a inclusión educativa de todo o alumnado na aula ordinaria, no centro e na sociedade 30
Proba de resposta breve Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar tendo como referentes a súa opinión persoal fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. 30
 
Observacións avaliación

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO NON ASISTENTE

Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións: Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do portafolios, proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. Opción B. Para o alumnado que non segue o sistema ECTS, aquel que non asiste/participa regularmente ás actividades de clase (< 80%). Neste caso o sistema de avaliación farase sobre: a) Realización dun proxecto de investigación (30%) b)  Unha proposta de intervención dende unha perspectiva inclusiva (20%) c) Unha proba escrita sobre os contidos da materia, cun peso na avaliación do 50% e para a súa preparación empregarase a bibliografía presentada pola profesora. 

O alumnado non asistente terá que poñerse en contacto coa profesora ben en persoa ou a través de correo electrónico para a organización da materia

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes