Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podología xeral
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o desenvolvemento embriolóxico nas distintas etapas de formación. A anatomía e fisioloxía humana. Estudo dos diferentes órganos, aparatos e sistemas. Esplacnoloxía vascular e nerviosa. Eixes e planos corporais. Anatomía específica do membro inferior.
A8 Adquirir o concepto de saúde e enfermidade. Coñecer os determinantes da saúde na poboación. Desenvolver os factores que inflúen no fenómeno saúde-enfermidade. Deseño de protocolos de prevención e a súa aplicación práctica. Saúde pública e organización sanitaria. Concepto, método e uso da epidemioloxía.
A9 Adquirir e aplicar os coñecementos teóricos e prácticos implicados nos aspectos psicolóxicos que interveñen na relación paciente - terapeuta. Desenvolvemento cognitivo emocional e psicosocial do ser humano. Coñecer os aspectos psicolóxicos da dor. Introdución ó estudo do comportamento humano. Psicoloxía social.
A10 Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información biomédica, para obter, organizar, interpretar e comunicar información científica e sanitaria. Coñecer os conceptos básicos de bioestatística e a súa aplicación. Usar os sistemas de busca e recuperación da información biomédica e comprender e interpretar criticamente textos científicos. Coñecer os principios do método científico, a investigación biomédica e o ensaio clínico.
A11 Coñecer os fundamentos da biomecánica e a cinesioloxía. Teorías de apoio. A marcha humana. Alteracións estruturais do pé. Alteracións posturais do aparato locomotor con repercusión no pé e viceversa. Instrumentos de análise biomecánico.
A12 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. Filoxenia do aparato locomotor. O pé a través da historia. Desenvolver as técnicas de exploración física. Parámetros clínicos normais en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Técnicas de exploración clínica. Estudo das técnicas e forma de actuación podolóxica no ámbito sanitario.
A13 Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A14 Actuar en base ó cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ó profesional no caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional.
A31 Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado.
A37 Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía.
A38 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida.
A42 Emitir un diagnóstico e pronóstico.
A45 Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos.
A56 Utilizar elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análise epidemiolóxicos.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
A61 Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados coa atención e rehabilitación podolóxica.
A62 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico.
A63 Adquirir e aplicar os coñecementos teóricos e prácticos implicados nos aspectos psicolóxicos que interveñen na relación paciente-terapeuta. Desenvolvemento cognitivo emocional e psicosocial do ser humano. Coñecer os aspectos psicolóxicos da dor. Introdución ó estudo do comportamento humano. Psicoloxía social.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B14 Implicación na calidade e busca da excelencia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B21 Habilidades interpersonais.
B22 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes