Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioética. lexislación e gestión en podología
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A13 Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A14 Actuar en base ó cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ó profesional no caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional.
A31 Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado.
A53 Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A61 Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados coa atención e rehabilitación podolóxica.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B12 Capacidade de xestión da información.
B15 Sensibilidade cara temas medioambientais.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B22 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes