Presentación oral |
A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso, información sobre a farmacoterapia do caso e respostas ás preguntas formuladas. Tamén se avaliará a asistencia e participación nas presentacións do resto dos alumnos. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia. |
60 |
Traballos tutelados |
Na cualificación do traballo considerarase a elección do caso exposto, a anamnese farmacolóxica, o tratamento farmacolóxico seleccionado, o coñecemento dos grupos farmacolóxicos empregados (mecanismo de acción, interaccións e reaccións adversas), o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. |
20 |