Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Reeducación funcional das afeccións podolóxicas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Despois da presentación da materia, establecerase un coloquio no que se tratará de averiguar os intereses dos estudantes na mesma, a súa utilidade, así como os coñecementos previos dos que se parte.

Actividades que se levan a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidad de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Nesta materias os modulos prácticos abrangarán por unha parte a valoración estático-dinámica do complexo articular nocello-pé, así como a valoración global dos segmentos corporais. Posteriormente experimentaranse técnicas terapéuticas para dar resposta as posibles disfuncións valoradas, fundamentalmente consistentes na técnica de vendaxes mixtos (rixidos, elásticos e neuromusculares)
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os estudantes discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, especialmente a resolución dun problema xeralmente de natureza biomecánica e que garda relación co ámbito clínico, plantexado e coordinado polo moderador do debate, neste caso o profesor.
Estudo de casos Metodoloxía onde os estudantes se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.

O estudantes sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional (caso clínico xeralmente), e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Esquemas Realización de representacións gráficas e simplificadas da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe é permite dotar ao estudante dunha visión global e interrelacionada dos conceptos clave.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba mixta En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes