Guía DocenteCurso Escola Universitaria Politécnica |
Grao en Enxeñaría Eléctrica |
Asignaturas |
Informática |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Informática | Código | 770G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase. Criterios de avaliación xerais: * Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado. * Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno. * Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (máximo 0,6 puntos). P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (máximo 0,6 puntos). P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (máximo 1,2 puntos). |
24 |
Portafolios do alumno | Avaliación do documento realizado e dos avances e solucións expostas a pequenas probas de avaliación. Tamén se terán en conta as contestacións ás preguntas expostas polo profesor na revisión do portafolio. Criterios de avaliación xerais: * Organización e claridade dos documentos. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. * Respostas correctas do alumno ás preguntas expostas na sesión de revisión do portafolio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T1: nota obtida na actividade do portafolio (máximo 0,4 puntos). |
4 |
Prácticas de laboratorio | Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. Criterios de avaliación xerais: * Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (máximo 0,6 puntos). |
6 |
Proba mixta | Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación. Criterios de avaliación xerais: * Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T3: nota obtida na parte de teoria desta proba (máximo: 2,8 puntos). P5: nota obtida na parte de programación desta proba (máximo 3 puntos). |
58 |
Traballos tutelados | Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade. Criterios de avaliación xerais: * Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo. * Claridade e calidade da exposición oral do traballo. * Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición. * Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: T2: nota obtida no traballo tutelado (máximo 0,8 puntos). |
8 |
Observacións avaliación | ||
Requisitos a cumprir para superar a materia considerando unha puntuación entre 0 e 10: 1) 2) Que a 3) Que a nota da parte de teoría e a de programación no exame final sexan ambas maior ou igual a 1 (T3 >= 1 e P5 >=1). Unha vez cumpridos os requisitos para superar a materia, a nota final calcularase da seguinte forma: A asistencia a |
|