Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas.
  AM2 Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións.
  AM3 Identificar os instrumentos adecuados para lograr os resultados desexados e imaxinar os posibles escenarios.
  AM4 Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos.
  AM5 Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento.
  AM6 Orientar ás institucións públicas implicadas no desenvolvemento das relacións interinstitucionais e co sector privado.
  AM7 Suxerir instrumentos de seguimento e control para observar os resultados.
  AM8 Acadar coñecementos e habilidades para analizar, decidir e implantar e optimizar actuacións vinculadas ao uso de novas tecnoloxías na xestión e nas políticas públicas.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade de análise e síntese.
  BM2 Capacidade de aprender.
  BM3 Resolución de problemas.
  BM4 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
  BM5 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
  BM6 Preocupación pola calidade.
  BM7 Habilidade para traballar de forma autónoma.
  BM8 Traballo en equipo.
  BM9 Capacidade para organizar e planificar.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes