Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento.
  AP2 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións.
  AP3 Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca.
  AP4 Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas.
  AP5 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun intre determinado, establecemento das correccións axeitadas e planeamento do seu futuro.
  AP6 Elaboración de diagnósticos acerca do entorno económico e financeiro, para fundamentar a toma de decisións financeiras.
  AP7 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras.
  AP8 Coñecemento da normativa contable relevante para entidades e instrumentos financeiros.
  AP9 Explicación dos coñecementos instrumentais máis importantes de control dos riscos de mercado, de crédito e operacionais.
  AP10 Coñecemento das funcións e compoñentes dos sistemas de información empresariais.
  AP11 Desenvolvemento dun sistema de información: fases e puntos críticos, perfil profesional e funcións dos profesionais implicados e sistemática para especificacións funcionais.
  AP12 Análise global de sistemas de información específicos: empresas fabrís, comerciais, de servicios en xeral e entidades financeiras.
  AP13 Comprensión do funcionamento dos distintos mercados financeiros e interpretación dos mecanismos de interrelación que afectan aos mesmos.
  AP14 Análise da problemática que suscitan os tipos de cambio, desde a perspectiva da macroeconomía e de finanzas internacionais.
  AP15 Estudo e análise da fiscalidade de activos e operacións financeiras.
  AP16 Comprensión dos modelos de valoración de activos financeiros e adquisición de coñecementos para crear e xestionar carteiras de valores.
  AP17 Formación na utilización dos instrumentos derivados co fin de usalos na confección de carteiras mixtas para adecuar o grao de risco ás preferencias do investidor.
  AP18 Coñecemento dos principais aspectos que abrangue a actividade bancaria.
  AP19 Aprender a identificar oportunidades comerciais no sector bancario.
  AP20 Implementar a planificación estratéxica no mercado bancario e financeiro.
  AP21 Coñecemento dos aspectos fundamentais do dereito do mercado de valores, do dereito bancario e o de seguros, mediante o estudio dos compoñentes e características dos contratos das distintas operacións e das suas garantías.
  AP22 Coñecemento dos instrumentos do financiamento internacional e das teorías explicativas do funcionamento dos mercados cambiarios.
  AP23 Comprensión da operativa monetaria do Banco Central en relación coa formación dos tipos de interés oficiais e interbancarios.
  AP24 Capacidade para identificar os retos estratéxicos e tendencias aos que se enfrontan as entidades financeiras.
  AP25 Coñecemento dos aspectos históricos e institucionais do desenvolvemento bancario, especialmente do papel da banca universal, a diversificación, o cambio tecnolóxico e a informatización na era da globalización.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Habilidades lingüísticas básicas.
  BP2 Planificación para a resolución de problemas.
  BP3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
  BP4 Habilidades informáticas.
  BP5 Habilidades de presentación oral e escrita.
  BP6 Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas.
  BP7 Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións.
  BP8 Capacidade de organizar e planificar, saber administrar o tempo.
  BP9 Capacidade para traballar baixo presión.
  BP10 Habilidades interpersonais, saber relacionarse con outros.
  BP11 Curiosidade, habilidades de búsqueda e xestión da información.
  BP12 Preocupación pola calidade, por facer as cousas ben.
  BP13 Capacidade para adaptarse a novas situacións, flexibilidade.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes