Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Máster en Banca e Finanzas (Plan 2006)
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento, tanto ao traveso da explotación de datos mediante unha grande variedade de técnicas estatísticas, econométricas e financeiras, como ao traveso do coñecemento de modelos de optimización, simulación e de elección en contextos de incerteza ou información imperfecta ou asimétrica.
  AP2 Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas.
  AP3 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun intre determinado, establecemento das correccións axeitadas e planeamento do seu futuro.
  AP4 Elaboración de diagnósticos acerca do entorno económico e financeiro, para fundamentar a toma de decisións financeiras.
  AP5 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras.
  AP6 Análise, planificación e control financeiro-contable.
  AP7 Coñecemento da normativa contable específica e/ou mercantil.
  AP8 Análise dos aspectos fundamentais das actividades de seguros e das particularidades da xestión das empresas aseguradoras.
  AP9 Explicación dos coñecementos instrumentais máis importantes de control dos riscos de mercado, crédito e operacionais.
  AP10 Coñecemento dos principais sistemas informatizados de apoio á xestión e dirección financeiras.
  AP11 Adquisición de coñecementos e habilidades básicas en relación ao emprego dos sistemas de información na empresa e o papel dos sistemas de información no proceso de toma de decisións financeiras.
  AP12 Comprensión do funcionamento dos distintos mercados financeiros e interpretación dos mecanismos de interrelación que afectan aos mesmos, e do papel desempeñado polas políticas monetarias e de regulación financeira.
  AP13 Análise da problemática que suscitan os tipos de cambio, desde a perspectiva da macroeconomía e de finanzas internacionais.
  AP14 Análise da fiscalidade de activos e operacións financeiras.
  AP15 Estudo das teorías e modelos de valoración de activos financeiros e adquisición dos coñecementos e competencias necesarios para crear e xestionar carteiras de valores.
  AP16 Formación na utilización dos instrumentos derivados co fin de usalos na confección de carteiras mistas para adecuar o grao de risco ás preferencias do investidor.
  AP17 Coñecemento dos principais aspectos que abrangue a actividade bancaria.
  AP18 Estudo dos aspectos históricos e institucionais do desenvolvemento bancario atendendo aos diferentes modelos e facendo fincapé no papel da banca universal e a diversificación empresarial na era da globalización.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Habilidades lingüísticas básicas.
  BP2 Planificación para a resolución de problemas.
  BP3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
  BP4 Habilidades informáticas.
  BP5 Habilidades de presentación oral e escrita.
  BP6 Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes