Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Diplomado en Ciencias Empresariais
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización en calquera das súas áreas funcionais e de administración (finanzas, produción, comercialización, recursos humanos, etc.).
  A2 Identificar e usar técnicas e ferramentas de xestión e de administración de empresas e outras organizacións (por exemplo: técnicas de investigación de mercados, de análise estatísticos, ratios comparativos, etc.).
  A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
  A4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
  A5 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
  A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
  A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
  A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
  A9 Deseñar e aplicar sistemas de información de organizacións.
  A10 Analizar e estruturar un problema dunha empresa e deseñar unha solución.
  A11 Planificar e executar proxectos de control interno e auditoría.
  A12 Identificar e analizar a posición competitiva dunha empresa recoñecendo as súas fortalezas e debilidades e propoñendo estratexias futuras de actuación.
  A13 Identificar, seleccionar e utilizar aplicacións informáticas.
  A14 Xestionar unha empresa mediante a planificación e control a través do uso de conceptos, métodos e ferramentas (deseño de estratexias e a súa implementación, benchmarking, xestión de calidade).
  A15 Identificar e xestionar cuestións laborais, sociais e medioambientais que afectan ás empresas e organizacións.
  A16 Identificar o impacto de factores culturais, nacionais e internacionais sobre as operacións da empresa.
  A17 Identificar as áreas funcionais da organización e as súas relacións.
  A18 Identificar o impacto dos elementos macro e microeconómicos nas organizacións empresariais (tipos de cambio, tipos de interese, inflación e outras variables relevantes).
  A19 Xestionar a innovación con especial referencia ao impacto das novas tecnoloxías.
  A20 Coñecer as características específicas dos diferentes sectores industriais e xeográficos.
  A21 Comprender os principios e técnicas de xestión da produción e o seu impacto na xestión da súa empresa.
  A22 Comprender as normas xurídicas (mercantís, fiscais, laborais, etc.) de aplicación no ámbito empresarial.
  A23 Identificar os principios de psicoloxía e as súas implicacións nas organizacións empresariais.
  A24 Utilizar unha lingua estranxeira en diferentes contextos empresariais.
  A25 Elaborar e interpretar estados financeiros tanto de uso interno como externo.
  A26 Usar técnicas para a análise do entorno empresarial.
  A27 Adquisición de experiencia práctica (estancias e visitas a empresas e institucións, xogos de simulación).
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Ler e comunicarse en máis dun idioma, en especial en inglés.
  B9 Preocupación pola calidade.
  B10 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información que provén de fontes diversas).
  B11 Planificación e xestión do tempo.
  B12 Outras habilidades de investigación como toma de decisións, liderado e motivación de logro.
  B13 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes