Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
  A2 Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
  A3 Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
  A4 Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira.
  A5 Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
  A6 Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial.
  A7 Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
  A8 Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial.
  A9 Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
  A10 Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
  A11 Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
  A12 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
  A13 Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
  A14 Xestionar as operacións da empresa.
  A15 Xestionar os recursos financeiros.
  A16 Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
  A17 Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
  A18 Identificar as características dunha organización.
  A19 Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
  A20 Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información.
  A21 Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
  A22 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
  A23 Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
  A24 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes